Respira Begonte

Respira dun xeito
diferente

Un pulmón verde no
corazón de Galicia

No corazón da Terra Chá, Begonte forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Unha paisaxe de bosques, prados, ríos e lagoas que convida a parar, respirar e reconectar co que te rodea.

Áreas recreativas fluviais en Begonte y Baamonde

O río Ladra vertebra Begonte, creando dous grandes espazos fluviais en Begonte e Baamonde onde a vida transcorre ao aire libre: zonas de baño no verán, áreas de descanso, rutas para camiñar sen présa e recunchos pensados para gozar e compartir.

No corazón da Terra Chá, Begonte forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Unha paisaxe de bosques, prados, ríos e lagoas que convida a parar, respirar e reconectar co que te rodea.

Humedais e lagoas

En Begonte, a natureza é vida en equilibrio. Dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño, bosques de ribeira, prados e humidais conviven con pequenas lagoas como Riocaldo ou os Pozos do Ollo, creando unha paisaxe viva e en constante cambio. Espellos naturais rodeados de calma onde especies como o martiño peixeiro ou a lontra europea atopan o seu fogar.

Ven vivir a Begonte e forma parte dunha comunidade chea de historia, lendas e tradicións

As terras de Begonte gardan, coma un segredo ben conservado, as pegadas de quen as habitou desde hai milleiros de anos. Conxuntos megalíticos, castros, vestixios da romanización, igrexas medievais, pazos, cruceiros e muíños debuxan unha paisaxe cargada de historia, en gran parte aínda por descubrir.

Pero Begonte non é só pasado. É terra de artesáns e creadores que manteñen viva unha cultura en constante evolución, onde tradición e contemporaneidade conviven de forma natural e dan forma a un lugar con identidade propia.

Respira festa!

Porque aquí somos moi de celebrar
cada momento.

Ao longo do ano, o calendario énchese de momentos para compartir: as tradicionais festas patronais en cada parroquia, as homenaxes ás nosas persoas maiores, propostas para a mocidade como o BeFest ou citas xa imprescindibles do verán como a Festa da Empanada, á beira do río, crean ese ambiente próximo que fai que todo o mundo se sinta parte deste lugar

A música tamén ten o seu espazo, con iniciativas como o Festival 27373, que conecta tradición e sons actuais.

E cada mes de maio, a Romaría da Virxe dos Milagres de Saavedra reúne milleiros de persoas nunha das peregrinacións máis importantes e coñecidas de Galicia.

Desde 1972, o Belén de Begonte forma parte da alma de Begonte. Cada Nadal, o concello transfórmase e recibe milleiros de persoas que chegan para deixarse sorprender polo seu emblemático Belén Electrónico. Ao seu redor, o Nadal vívese intensamente con certames de poesía, pintura, xornalismo ou debuxo infantil que enchen o ambiente de creatividade e participación.

O tradicional Mercado de Nadal completa esta experiencia, medrando cada ano e converténdose nun punto de encontro cheo de vida.

Se che gusta o Nadal, aquí non só se celebra: séntese de verdade.

Respira Nadal!

#respirabegonte

Síguenos nas redes sociais e respira Begonte!