Traballa en Begonte

En Begonte está o teu futuro

Una posición xeográfica estratéxica

Begonte ofréceche a contorna e a localización ideais para impulsar o teu novo proxecto profesional. Con acceso directo ás autovías A-6 e A-8, estarás a menos dunha hora da Coruña e Santiago e dos seus aeroportos, moi preto da costa de Lugo e a só 20 minutos de Lugo e Vilalba, capital da comarca da Terra Chá.

O teu proxecto nun lugar cunha localización
excelente e todas as facilidades

Actualmente, Begonte dispón de máis de 2,5 millóns de metros cadrados de solo industrial, co obxectivo de alcanzar os 5 millóns nos seus tres polígonos para facilitar a implantación de novas empresas.

Espazos preparados para medrar, con todos os servizos necesarios e unha rede de fibra óptica de recente instalación que garante conectividade e competitividade desde o primeiro momento.

O tecido empresarial de Begonte abrangue sectores como a construción, a metalurxia, a alimentación ou a loxística e distribución

Unha contorna diversa e dinámica onde, se estás pensando en dar un paso cara a un novo futuro, atoparás oportunidades reais para emprender ou desenvolver a túa carreira profesional.

Únete á nosa revolución enerxética!

Instala a túa empresa en Begonte e forma parte de BEGONTE GENERA, o Mercado Local da Enerxía que fará que a túa empresa reduza drasticamente os seus custos enerxéticos.

Raigame rural

Grazas ao seu clima oceánico temperado e á súa localización na Terra Chá lucense, Begonte ofrece condicións excepcionais para desenvolver proxectos agrícolas e gandeiros.

Desde modelos tradicionais ata novas iniciativas de alto valor engadido, como o cultivo de froitos vermellos —xa implantado con éxito na zona—, o territorio abre oportunidades reais para quen busca emprender nunha contorna fértil, sostible e con proxección de futuro.

Traballa mellor,
vive mellor

Este é o lugar para traballar mellor, sen renunciar a nada. Begonte permíteche crear o teu propio espazo de traballo na casa cunha excelente conectividade grazas á rede de fibra óptica despregada en todo o municipio. Ademais, a súa contorna tranquila, ben comunicada e en crecemento convérteo nun lugar especialmente interesante para impulsar proxectos de coworking vinculados ao rural, atraendo talento e novas formas de traballar.

Teletraballar en Begonte é gañar tempo, reducir custos e vivir dun xeito máis consciente: máis calma, máis natureza e máis tempo para o que de verdade importa.

Turismo e Camiño Norte de Santiago

A riqueza paisaxística de Begonte, caracterizada por unha contorna natural de alto valor ecolóxico integrada na Reserva da Biosfera Terras do Miño, e o paso do Camiño Norte de Santiago convérteno nun enclave cun enorme potencial turístico.

Un territorio auténtico, aínda por desenvolver, que abre oportunidades reais para proxectos con visión: aloxamento, experiencias, gastronomía ou turismo activo. Se buscas un lugar con percorrido e posibilidades, Begonte é o momento e o lugar.

#trabajaenbegonte

Síguenos nas redes sociais e mantente ao día das nosas novidades