Begonte é un pequeno municipio rural lugués que che ofrece todas as posibilidades para crear un novo proxecto de vida sostible en conexión coa natureza. O Concello dispón das dotacións que necesitas para facer máis sinxela a túa vida diaria. Conta con Centro de Saúde, Centro de Dia, atención sociosanitaria, dúas farmacias, tendas e supermercados locais, instalacións deportivas, diversos espazos para actividades socioculturais, parques infantís e áreas fluviais para o lecer. E para manterte completamente conectado, instalación de fibra óptica en todas as parroquias.
Coa próxima posta en marcha deste proxecto de Mercado Local de Enerxía, Begonte sitúase entre os concellos máis avanzados na xeración para autoconsumo de enerxías limpas km 0, co obxectivo de acadar a autonomía enerxética de empresas e consumidores.
Todo nun entorno natural único para desenrolar e fomentar todas as súas habilidades.
No CEIP Virxe do Corpiño formarán parte dun proxecto educativo fondamente comprometido co seu desenrolo e benestar. O colexio conta con comedor escolar con cociña propia pertencente a Rede EcoComedores da Terra Chá, plans de conciliación de vida familiar e laboral e múltiples actividades como Polo Creativo, horto escolar, Radio na Biblioteca, Escola de Familias e moito máis.
Séguenos en Instagram e nas nosas redes sociais para recibir todas as nosas novas.