En Begonte está o teu futuro, un lugar onde comezar a desenrolar unha nova vida profesional.

Unha posición xeográfica estratéxica

Begonte ofréceche as condicións e a situación xeográfica idónea para o teu novo proxecto laboral. Con conexións directas a autovía A6 e A8, estarás a 40 minutos de A Coruña e Santiago e os seus aeroportos, moi preto da Costa de Lugo e a só 15 minutos de Lugo e Vilalba, capital de comarca da Terra Chá.

Tecido
empresarial e industrial en expansión

O tecido empresarial de Begonte abrangue múltiples sectores, como construcción, metalurxia, alimentación, almacenamento e distribución e próximamente plantas de xeración de enerxías limpas dentro do proxecto Begonte Xera. Se estás pensando en apostar por un novo futuro aquí atoparás interesantes oportunidades de negocio ou emprego.

Instala o teu proxecto nun lugar con excelentes ubicacións e moitas facilidades.

Actualmente Begonte dispón de mais de 2,5 millóns de metros cadrados de chan industrial, co obxectivo de ir aumentando ata os 5 millóns nos seus 3 polígonos industriais para facilitar o establecemento de novas empresas.
Un proxecto de futuro que o cambia todo para que a túa empresa poida eliminar ou reducir drásticamente todos os seus custos de enerxía

Raigame rural

Polo noso clima oceánico templado e a nosa localización xeográfica na Terra Cha lucense, Begonte ofrece interesantes posibilidades tanto para explotacións agrícolas e gandeiras tradicionais como para novos proxectos de alto valor engadido como os cultivos de froitos vermellos que xa se están a producir con éxito nas nosas terras.

Turismo & Camiño Norte de Santiago

A súa beleza paisaxística, un entorno natural de grande riqueza biolóxica que forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño e o paso do Camiño Norte de Santiago fan do noso territorio un lugar dun enorme potencial turístico.
Explora as moitas alternativas de emprendemento que che ofrece Begonte.

Traballa dende a túa casa

Este é o lugar para crear un espacio de traballo inmellorable na túa propia casa. En todo o concello tes acceso a unha excelente conectividade a través de fibra óptica de recente instalación. E ademáis estarás moi preto das principais cidades de Galicia e os seus aeroportos.
Traballar dende o teu fogar, rodeado de natureza e tranquilidade é a oportunidade perfecta para disfrutar dun estilo de vida máis saudable, aforrar en gastos de transporte diarios e disfrutar dun maior tempo de calidade coa tua familia. Todas son vantaxes!

Séguenos en Instagram e nas nosas redes sociais para recibir todas as nosas novas.

@vivirenbegonte #vivirenbegonte #traballaenbegonte #respirabegonte #atuacasaenbegonte

#traballaenbegonte